Tartan Gallaecia - O Tartan Oficial Galego
PORTADA     HISTORIA DO TARTAN     HISTORIA DO KILT     VESTIR KILT GALLAECIA

This website is also available In English / En Castellano


Benvido ao website de información do Tartan Gallaecia, o tartan oficial galego

Kilt Gallaecia - O Tartan Oficial Galaico
O Tartan Gallaecia é o tartan nacional da Galiza conforme o Rexistro Internacional de Tartans (Tartans World Register).

Neste website poderás ler a historia do tartan -un deseño textil en forma de cadros- e a súa prenda máis famosa: o Kilt, unha saia masculina que en épocas pasadas estivo de moda na Galiza ao igual que en boa parte do Atlántico europeu.

Pola súa historia e estética, o kilt é unha prenda moi popular tanto entre afeizoados ao revivalismo como entre homes que buscan un xeito diferente e elegante de vestir moda. Para aqueles que desexen vestir o kilt co tartan e cores nacionais da Galiza, este website ofrece información da prenda, complementos, e consellos sobre como vestir o Kilt Gallaecia.