![]() PORTADA HISTORIA DO TARTAN HISTORIA DO KILT VESTIR KILT GALLAECIA This website is also available In English / En Castellano
O Tartan Gallaecia é o tartan nacional da Galiza conforme o Rexistro Internacional de Tartans (Tartans World Register). Neste website poderás ler sobre a historia do tartan -un deseño textil en forma de cadros- e encol da aplicación textil máis famosa do tartan: o Kilt, un tipo de saia masculina que en épocas pasadas estivo de moda na Galiza ao igual que en boa parte do Atlántico europeu. Pola súa historia e estética, o kilt é unha prenda moi popular tanto entre afeizoados ao revivalismo como entre homes que buscan un xeito diferente e elegante de vestir moda. Para aqueles que desexen vestir o kilt co tartan e cores nacionais da Galiza, este website ofrece información da prenda, complementos, e consellos sobre como vestir o Kilt Gallaecia. Se chegaches a este website na procura do video sobre o Kilt Gallaecia, poderalo encontrar aquí..». |